Pasar al contenido principal

O responsable de Unión Romaní reflexiona en Ciencias da Comunicación sobre o comportamento dos medios ante a información relacionada coa comunidade xitana

Pronunciará a conferencia ‘Periodistas contra o racismo’

O responsable de Unión Romaní e primeiro xitano que chegou a ser deputado nas Cortes españolas, Juan de Dios Ramírez Heredia, impartirá este xoves 15 a conferencia ‘Periodistas contra o racismo’ na Facultade de Ciencias da Comunicación. Nun acto que comezará no Auditorio do centro a partir das 11.00 horas, na mesma sesión presentarase un informe anual no que se analiza o comportamento dos medios ante os feitos de actualidade relacionadas coa comunidade xitana. Juan de Dios Ramírez Heredia é avogado, licenciado e doutor en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona e mestre de Ensinanza Xeral Básica. Ten sido director da Escola de Readaptación Profesional ‘San Juan Bosco’ en Barcelona para persoas con discapacidades físicas entre os anos 1970 e 1990. Actualmente, está integrado no cadro de persoal de RTVE. Pertencente á comunidade xitana, destaca pola defensa dos dereitos desta comunidade dende a acción política e social. Como recoñecemento a este labor, en 2008 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Cádiz, sendo a primeira persoa de etnia xitana que recibe esta distinción académica no mundo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.12.2011.