Pasar al contenido principal

Presentación do libro As Mátemáticas e a Astronomía en Galicia

Traza un percorrido por institucións e personalidades que marcaron o desenvolvemento das ciencias matemáticas, a astronomía e a astrofísica

As Matemáticas e a Astronomía en Galicia é o novo libro do director do Observatorio Astronómico da USC, o catedrático José Ángel Docobo, e o investigador Iván Fernández que presentarán en rolda de prensa este xoves 22 nun acto que comezará ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Nesta sesión intervirán o vicerreitor de Estudantes, Cultural e Formación Continua, Francisco Durán, e o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco, ademais dos autores. Este título forma parte da colección ‘Biblioteca de Divulgación’, creada en 1980 por iniciativa da profesora Mercedes Brea, no seo da que se teñen publicado ata o momento 33 títulos en lingua galega consagrados aos máis variados aspectos da historia, a lingua, a literatura, a xeografía, a economía, a etnografía ou a socioloxía en Galicia. A publicación que se presenta esta xoves é un minucioso percorrido por institucións e personalidades que recupera a obra e dimensión de figuras senlleiras no desenvolvemento das ciencias matemáticas, a astronomía e a astrofísica, de xeito moi nomeado a de Ramón María Aller que hoxe dá nome ao Observatorio Astronómico da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.12.2011.