Pasar al contenido principal

O reitor da USC asiste á graduación das titulacións impartidas polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia

O reitor Juan Casares asiste este venres 2 ao acto de graduación 2011 das titulacións impartidas polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG). Concretamente celebran a súa graduación a décimo quinta promoción do Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras, a décimo terceira do Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras e a décimo sexta do Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña. A sesión celebrarase a partir das 14.00 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Nunha xornada que presidirá o titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asisten ademais o conselleiro de Cultura, Roberto Varela; a secretaria xeral de Turismo, Mª Carmen Pardo; a directora do CSHG, Patricia Cuevas; e o presidente da Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia (CEHOSGA), Héctor Cañete. A graduación contou como padriño co presidente AC by Marriot Hotels, Antonio Catalán Díaz.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.12.2011.