Pasar al contenido principal

Medicina continua coa descentralización da docencia de prácticas clínicas

O curso 2010/2011 comeza na USC, o 13 de setembro para os graos e o 1 de outubro para as titulacións non adaptadas ao EEES

As clases para o curso 2010/2011 na Universidade de Santiago de Compostela comezarán o día 13 de setembro, para todos os estudantes de titulacións de Grao, e o día 1 de outubro, para aqueles estudantes que continúan estudos en todas as titulacións non adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), segundo o calendario académico da USC aprobado en Consello de Goberno.

Referente á titulación de Medicina, a docencia teórica impartirase, como é preceptivo e así está aprobado polos órganos correspondentes, para o curso 2010/2011, nos mesmos termos dos anos anteriores nas aulas da USC e continuarase coa descentralización das prácticas clínicas, impartíndose as mesmas nos complexos hospitalarios de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, nos dous últimos 150 estudantes, en cada un deles.

Os profesores destas clases clínicas son profesionais facultativos de cada un dos Centros e Profesores Asociados da USC. O reitor Juan Casares Long agradece a colaboración dos Centros Hospitalarios na docencia práctica e di que se están estudando posibilidades de ampliar esta colaboración a outros hospitais públicos da Comunidade Autónoma cara ao futuro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.08.2010.