Pasar al contenido principal

A USC imponlle a Insignia de Ouro a Xerardo Fernández Albor

O ex presidente da Xunta de Galicia, Xerardo Fernández Albor, recibe este mércores de mans do reitor Senén Barro a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago nun acto, presidido en Fonseca por Alberto Núñez Feijóo, no que ademais se presenta un libro homenaxe coordinado polos profesores da USC Marcelino Agís e Manuel Freire Garabal.
O reitor compostelán cualifica no libro ‘Galicia, 25 anos despois. Homenaxe a Xerardo Fernández Albor’ ao ex presidente de “figura imprescindible para entender a historia contemporánea de Galicia”. Destaca Barro o seu “decidido apoio” á USC, en particular a súa colaboración docente coa Facultade de Medicina e o seu traballo como presidente do Padroado da Universidade de Santiago (hoxe Consello Social).
Coa publicación, asegura Barro no limiar, cúmprese un dobre obxectivo. “Por unha banda, recoñecer o labor dun home ao que lle tocou a misión histórica de sentar as bases da Galicia autonómica” e, por outra, “entender mellor a nosa propia situación presente e a débeda contraída con figuras emblemáticas como a súa”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.02.2010.