Pasar al contenido principal

O científico francés Arnaud Besson fala na USC de supresores tumorais

O profesor Arnaud Besson, da Universidade Paul Sabatier de Toulouse (Francia) imparte o luns, 3 de maio, o seminario ‘p27(Kip1), tumor suppressor and oncogene?’. A sesión será ás 12:00 horas na Aula 6 da Facultade de Medicina.
Besson é investigador principal do CNRS e dirixe o Laboratorio de Bioloxía Celular e Molecular do Control da Proliferación na Universidade Paul Sabatier. Fixo o seu doutoramento en Canadá e posteriormente unha estadía posdoutoral no Fred Hutchinson Cancer Research Center (Seattle, EE.UU.).
Durante ese tempo desenvolveu novos modelos de animais transxénicos que contribuíron de maneira moi relevante ao coñecemento do ciclo celular e que marcan un fito na bioloxía do supresor tumoral p27 que ten accións pro-oncoxénicas, como se pon de manifesto nas súas investigacións.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.04.2010.