Pasar al contenido principal

Abre a matrícula para un curso de fotografía analóxica en Lugo

Este luns 1 de marzo ábrese o prazo de matrícula para asistir ao curso avanzado de fotografía analóxica ‘Fotocultur 2’, que se desenvolverá os luns, martes e xoves dende o 6 de abril ata o 24 de maio na Aula de Fotografía do Campus de Lugo en horario de 20:00 a 21:00 horas. Este curso dispón de doce prazas que se irán cubrindo segundo a orde de inscrición.
O fotógrafo Eduardo Ochoa dirixirá estas sesións, nas que os alumnos poderán ampliar os seus coñecementos sobre os tipos de cámaras, a variedade de formatos, o obturador e diafragma, o fotómetro e telemetro, o flash, os tipos de papeis de revelado ou o retoque das copias. Ademais de participar nas clases teóricas e prácticas, os participantes farán saídas para a toma de imaxes ou para visitar diferentes mostras fotográficas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.02.2010.