Pasar al contenido principal

A USC participa nun encontro da Comisión Sectorial da CRUE para a Calidade Ambiental, o Desenvolvemento Sostible e a Prevención de Riscos

A coordinadora do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC, Dora Blanco, participa este mércores na Universidade de Murcia na xuntanza da Comisión Sectorial da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) para a Calidade Ambiental, o Desenvolvemento Sostible e a Prevención de Riscos.
No encontro a USC coordina, en colaboración coa Universidade Autónoma de Madrid, o grupo de traballo sobre Avaliación da sostibilidade universitaria, que trata de proporcionar un marco e un sistema de avaliación da sustentabilidade para as universidades españolas. Entre as accións programadas por este grupo atópase o deseño dunha batería de indicadores que permita construír unha ferramenta de utilidade para a avaliación das políticas vinculadas á calidade universitaria.
A Oficina de Desenvolvemento Sostible, dependente da Vicerreitoría de Calidade e Planificación, continúa deste xeito a súa aposta pola avaliación da sustentabilidade universitaria, un traballo que leva desenvolvendo xa dende hai xa tres anos coa realización e publicación de estudos de impacto ambiental da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.03.2010.