Pasar al contenido principal

A USC coordina un novo proxecto Erasmus Mundus en países centraomericanos

A Universidade de Santiago participa nun novo proxecto Erasmus Mundus, no que a institución compostelá contribúe de forma activa á xestión, centrado nesta ocasión en México e países centroamericanos como O Salvador, Guatemala, Honduras e Nicaragua.
Xunto á USC, no consorcio tamén participan universidades de Bélxica, España, Finlandia, Francia, Italia e Polonia. Do mesmo xeito que nos outros catro proxectos Erasmus Mundis nos que a USC participa, este proxecto potenciará a mobilidade de estudantes de grao e de máster, así como de doutoramento e persoal docente investigador entre os países de América Latina e a UE.
O prazo para a presentación de propostas permanecerá aberto ata o próximo 22 de marzo. As persoas interesas en realizar calquera consulta ou en ampliar información poden dirixirse á ore [at] usc.es (Oficina de Relacións Exteriores) ou a páxina web http://www.usc.es/internacional.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.03.2010.