Pasar al contenido principal

Os estudantes de Relacións Laborais asisten a unhas charlas sobre as saídas profesionais da titulación

O profesor de Dereito Administrativo da USC Marcos Almeida será esta tarde o primeiro convidado do ciclo de charlas ‘As saídas profesionais do diplomado en Relacións Laborais’. A intervención de Almeida terá lugar, ao igual que as restantes, ás 19:00 horas na Aula 3 da escola.
As xornadas, dirixidas aos estudantes de 3º curso da diplomatura, están organizadas pola dirección do centro e financiadas con cargo ao programa de axudas para o desenvolvemento de accións de mellora da docencia no marco da construción do Espazo Europeo de Educación Superior, da Vicerreitoría de Calidade e Planificación da USC.
O ciclo continúa o mércores 24 co director de área de GADISA, Francisco Javier Ruíz de Cortazar, que explicará as saídas profesionais na empresa. O día seguinte será a quenda do presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Germán Prieto, quen falará do exercicio libre da profesión.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.03.2010.