Pasar al contenido principal

Xuntanza do Consello Goberno da USC

As bases da convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias da USC (SUR) para o vindeiro curso é un dos puntos que vai tratar na xuntanza deste xoves, día 25, o Consello da Goberno da USC. Será a partir das 9:30 horas nunha sesión que se celebrará no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Xunto coa convocatoria de prazas, someteranse a aprobación as bases das convocatorias de bolsas de comedor do SUR, de prazas para estudantes de mobilidade internacional e para membros da comunidade universitaria ou persoas que vaian participar nas actividades de verán, así como os prezos de aloxamento para visitantes e congresistas do vindeiro curso. Na mesma xuntanza presentaranse o acordo marco de colaboración entre as universidades do SUG, o informe sobre o estado da planificación estratéxica, o informe económico 2009 e a venda da participación da USC na Sociedade Galeras Entrerríos SL.
O Consello de Goberno tratará tamén as convocatorias de prazas da Escola Infantil Breogán para o vindeiro ano e das de promoción de titulares a catedráticos, a normativa de asistencia a clase, a axuda institucional ás campañas electorais de reitor/a e a creación dos centros de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) e de Estudos Locais (CEL).
Completando a orde do día, inclúense os puntos relativos a competencias transversais informacionais, tribunais de prazas de PDI, a modificación do calendario de Programación Académica Anual para 2010-2011, a transformación de contratos de profesores colaboradores, a proposta de modificación da composición da CIAP, o complemento por mérito docente de 2009 e os complementos retributivos autonómicos.
Finalmente tamén se abordará a modificación da RPT do PAS, a modificación dos regulamentos de réxime interno dos centros de investigación singulares, a convocatoria de axudas para o desenvolvemento de accións de mellora da docencia no marco da construción do EEES 2010 e a aprobación, modificación de plans de estudo e cambios de adscrición de centro de titulacións adaptadas ao EEES.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.03.2010.