Pasar al contenido principal

Sumrrá inaugura en Lugo o ciclo Lubicán coa presentación do seu cuarto traballo discográfico

Un concerto da formación Sumrrá dará comezo este xoves 25 á terceira edición do ciclo Lubicán, organizado por Lugo Cultural co obxectivo de achegar ao público a música feita por grupos galegos de diferentes estilos e con diferentes formacións.
A actuación, que terá lugar ás 21:00 horas na Escola Universitaria de Formación de Profesorado, servirá a Manuel Gutiérrez (piano), Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo) e Lar Legido (batería) para presentar os temas do seu cuarto disco, ‘4.0’, un traballo basicamente jazzístico, aínda que toma tamén elementos doutros xéneros como o pop, o rock ou o folk.
Os concertosO programa de concertos de Lubicán manterase todos os cuartos xoves de cada mes ata xuño, coa participación de representantes de estilos tan diversos como o flamenco, o folk ou o pop. A seguinte actuación será a de Marcos Teira e Lar Legido e a de Aló Irmao, o 22 de abril na Praza de Santa María; Berrogüetto actuará o 20 de maio no Auditorio Gustavo Freire; e Sonoro Maxín ofrecerá, o 24 de xuño na Praza de Santa María, o recital que dará fin a este ciclo.
A entrada a todos os concertos será gratuíta agás no caso de Berrogüetto, que destinará a recadación á compra da casa de Manuel María en Outeiro de Rei para convertela en casa-museo. Estas entradas poderanse adquirir dende o 6 de abril na Oficina de Cultura do Campus de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.03.2010.