A Cátedra Bancaja Mocidade Emprendedora da USC estuda o desenvolvemento profesional na empresa no ámbito deportivo
A próxima actividade organizada pola Cátedra Bancaja Mocidade Emprendedora da USC celebrarase este mércores 3 dedicada ao ‘Desenvolvemento profesional na empresa no ámbito deportivo’. Neste xornada prestarase atención ao papel do coaching na mellora do desenvolvemento profesional e analizarase o proxecto empresarial Obradoiro CAB.
No primeiro caso, a partir das 18:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, o presidente da Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte, o profesor Joaquín Dosil, abordará o papel que xogan as técnicas de adestramento persoal no desenvolvemento profesional. O doutor Dosil é coach de políticos, directivos, adestradores de fútbol e de pilotos do campionato mundial de velocidade, tanto de motociclismo como de automobilismo.
Deseguido, José Á. Docobo e Artur Tamazian, presidente e director xeral do club Obradoiro, respectivamente, falarán sobre a evolución deste club de baloncesto en canto que proxecto empresarial dende o seu nacemento ata a actualidade e a súa próxima transformación en SAD.
Esta xornada forma parte igualmente da Aula de Práctica Empresarial da Facultade compostelá sobre competencias e habilidades profesionais na empresa.