Pasar al contenido principal

O director xeral de I+D+I visitará este martes o Hospital Veterinario Rof Codina

O director xeral de Innovación, Desenvolvemento e Investigación da Xunta de Galicia, Ricardo Capilla, visitará este martes 13 as instalacións do Hospital Veterinario Rof Codina da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, acompañado do director xerente da Fundación Rof Codina, Luís Felipe de la Cruz.
Trala visita ao hospital, Ricardo Capilla reunirase, sobre as 11:00 horas, cos membros do padroado para coñecer o seu traballo e os proxectos futuros que a fundación pretende por en marcha nos vindeiros meses.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.04.2010.