Pasar al contenido principal

Inaugúrase en Lugo unha exposición con fotografías de Carlos Valcárcel cedidas á USC

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; a vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos da USC, Marta Miranda; o fotógrafo Carlos Valcárcel; e representantes do convenio Lugo Cultural, asistirán este xoves 15 ás 19:00 horas ao acto de doazón e inauguración da exposición ‘Carlos Valcárcel. Fotografías 1969-2001’ na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria do campus lugués.
A mostra, que se poderá ver ata o 14 de maio, recolle 58 fotografías dun total de 75 que Carlos Valcárcel decidiu ceder á USC. Son imaxes de carácter social que permiten facer un percorrido pola evolución da paisaxe e da sociedade galega nos últimos corenta anos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.04.2010.