Pasar al contenido principal

O Consello de Goberno tratará o límite de prazas dos graos e titulacións de 1º e 2º Ciclo da USC para o vindeiro curso

Os límites de prazas das titulacións de 1º e 2º Ciclo así como dos graos da USC para o vindeiro curso 10-11 será un dos temas que vai abordar o vindeiro luns 19 o Consello de Goberno da institución académico, nunha sesión que comezará ás 9:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Na orde do día tamén se abordará un informe relativo ao grao de cumprimento do PETIC II, a creación da Escola de Doutoramento e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago ou sistemas de Garantía Interna de Calidade dos Centros.
O órgano colexiado deberá tratara ademais cambios de dedicación, modificación da RPT do PAS, tribunais de prazas de PDI e modificacións de titulacións adaptadas ao Real Decreto 1393/2007.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.04.2010.