Pasar al contenido principal

Unitenda celebra o seu 11º aniversario con descontos do 25 por cento

A tenda da USC, Unitenda, vai celebrar ao longo da vindeira semana o seu undécimo aniversario ofrecendo ofertas especiais no seu catálogo de produtos, como xa vén sendo habitual.
Deste xeito, entre os días 19 e 26 Unitenda ofrecerá descontos do 25% nas compras que se realicen na tenda empezada no Claustro do Colexio de Fonseca (quedando excluídas da campaña as publicacións e os equipos informáticos). Ademais, cada compra que se realice obterá un agasallo conmemorativo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.04.2010.