Pasar al contenido principal

O ciclo Aula de Saúde profunda nas desordes alimentarias

Desordes alimentarias é o tema da terceira sesión de Aula de Saúde, ciclo de conferencias sobre problemas de saúde que preocupan especialmente aos estudantes da USC. Celebrarase este mércores 21 a partir das 19:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina.
Nesta ocasión, que coordina o profesor Felipe Casanueva, contará coa intervención de María Tajes Alonso e Aurelio Martís Sueiro, psiquiatra e endocrinólogo da Unidade de Desordes Alimentarias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
A vindeira cita destas xornadas na que se matricularon máis de 400 estudantes de todas as titulacións do campus compostelá será a vindeira semana cando se trata sobre cuestións relacionadas coa ansiedade, o estres e a depresión. Completando o ciclo, xa en maio celebraranse outras dúas xornadas sobre saúde sexual e cancro e tumores.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.04.2010.