Pasar al contenido principal

A USC e a consultora everis asinarán un acordo marco para colaborar no plan de modernización da xustiza

A USC e a consultora multinacional everis asinarán este xoves 29 un acordo marco que regule a súa colaboración en actividades relacionadas co plan de modernización da xustiza. No acto de sinatura, que comezará ás 13:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, intervirán o reitor Senén Barro e o conselleiro delegado de everis, Benito Vázquez Blanco.
O acordo permitirá á USC e a everis desenvolver proxectos e programas concretos orientados ao Plan Estratéxico de Modernización do Sistema de Xustiza para os anos 2010 e 2012. Este Plan agrupará con carácter sistemático e de maneira detallada o conxunto de reformas normativas, cambios organizativos e melloras tecnolóxicas que propicien que o sistema xudicial alcance un rendemento avanzado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.04.2010.