Pasar al contenido principal

O prazo para participar no concurso de Proxectos Fin de Carreira en Enxeñaría de Montes pecha este venres

Este venres 5 ás 14:00 horas péchase o prazo para a presentación dos traballos que concorren ao premio ‘Bernardo de la Torre’, dirixido a titulados en Enxeñaría de Montes pola Escola Politécnica Superior de Lugo que superaran coa cualificación mínima de notable o Proxecto Fin de Carreira nas convocatorias de abril, xuño, setembro e novembro de 2009 e febreiro de 2010.
O obxectivo deste galardón, convocado pola Asociación e o Colexio de Enxeñeiros de Montes de Galicia en colaboración coa EPS, é estimular a vocación profesional dos enxeñeiros de montes recén titulados ao tempo que se distinguen os traballos que aportan valores de creatividade e aplicación á profesión.
No concurso só se admiten proxectos de enxeñaría, nos que se valorará a innovación e a actualidade nos temas abordados, a concepción xeral do traballo, a análise de alternativas estudadas, a aplicación de tecnoloxías actuais ás solucións propostas e o seu interese económico.
O proxecto gañador recibirá un premio en metálico de 600 euros e un diploma acreditativo nun acto que se celebrará a finais deste mes con motivo da celebración do Día Forestal Mundial.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.03.2010.