Pasar al contenido principal

Arranca en Lugo a segunda fase da campaña de doazón de sangue na USC deste curso

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará este mércores 3 na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo dentro da segunda fase da campaña de doazón de sangue na USC deste curso, que se desenvolverá ata o mes de maio. Os membros da comunidade universitaria que o desexen poden doar neste centro dende as 9:30 ata as 14:30 horas.
Primeira faseNa primeira fase desta campaña no actual ano académico, que se desenvolveu dende outubro ata decembro, houbo un total de 1.482 doazóns na USC, 1.186 no Campus de Santiago e 296 no de Lugo.
Estas campañas que se desenvolven na Universidade convértense cada ano no punto de entrada de moitos novos doadores. A día de hoxe, a contribución universitaria achega ao redor do 10% das necesidades de Galicia, onde se estima que este ano se precisarán 125.000 doazóns para cubrir toda a demanda dos hospitais galegos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.03.2010.