Avelino Pousa Antelo charla cos universitarios do Colexio Maior San Clemente
O intelectual galego Avelino Pousa Antelo ofrece este mércores 24 no Colexio Maior San Clemente unha conferencia na que tratará o pasado, presente e futuro da Galicia rural.
Nado en Barcala (A Baña) en 1914, Pousa Antelo, actual presidente da Fundación Castelao, departirá cos universitarios ás 20:30 horas no Salón de Actos do Colexio.
Ademais, agasallará aos asistentes cun breve relato sobre a figura do reitor Rodríguez Cadarso, coñecido por el e fundador precisamente dos Colexios Maiores da USC. Para rematar a sesión, a Asociación CM San Clemente distinguirao como Personaxe Galego do Curso 2009-2010.