O reitor asiste á presentación do Manual de lexislación educativa. Da LOXSE á LOE
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, intervirá este martes, 23 de febreiro, na presentación do libro Manual de lexislación educativa. Da LOXSE á LOE, da autoría de Manuel Lama. O acto, que terá lugar ás 20:00 horas na Libraría Follas Novas de Santiago, contará tamén coa presenza da inspectora de Educación Isabel Serna e do director editorial de 3C3, Antonio Puentes.
O manual, que presta especial atención a Galicia, recolle todas as cuestións fundamentais relativas á lexislación aplicable ao ensino, desde o infantil ata o das persoas adultas, pasando pola ESO, o bacharelato e a FP. Convértese así nun referente imprescindible para o profesorado, orientadores, cargos directivos e persoal administrativo de calquera centro de ensino.