Pasar al contenido principal

Inaugúrase este sábado a mostra 'Amoeiro: patrimonio, paisaxe e tempo'

O patrimonio cultural de Amoeiro exporase na Casa da Cultura da vila ourensá na mostra ‘Amoeiro: patrimonio, paisaxe e tempo’ que se inaugura este sábado 13 ás 19:00 horas.
Organizada conxuntamente polo Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe da USC, o Laboratorio de Patrimonio do CSIC e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e o Concello de Amoeiro, a exposición consta de oito paneis explicativos nos que se describen os fenómenos arqueoastronómicos da zona, así como a investigación arqueolóxico-patrimonial e as actividades de divulgación que realizan na zona diversos organismos.
Á inauguración asistirá o alcalde de Amoeiro, Rafael Rodríguez; Yolanda Seoane Veiga, arqueóloga do Laboratorio de Patrimonio; o profesor de Historia Antiga da USC Marco García Quintela; César González García, membro do Grupo de Astrofísica da Universidade Autónoma de Madrid; e a responsable da Unidade de divulgación e difusión do Laboratorio de Patrimonio do CSIC, Martina González Veiga.
Tras o acto de apertura terá lugar, ás 19:30 horas, a conferencia do astrofísico César González titulada ‘Arqueoastronomía ou o ceo dos nosos antepasados’ e na que explicará como se estuda o uso que os pobos prehistóricos, antigos e tradicionais deron ao ceo para guiarse ou recoñecer ciclos temporais e mitos, centrándose sobre todo nos últimos descubrimentos sobre a astronomía celta nga Península Ibérica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.02.2010.