Pasar al contenido principal

Trucos de xadrez co gran mestre serbio Aleksa Strikovic na biblioteca Ánxel Casal

O gran mestre serbio –o máximo título que existe en xadrez- Aleksa Strikovic ofrecerá este xoves 11 na biblioteca pública Ánxel Casal unha charla sobre o deporte que o levou a ser o último campión da desaparecida Iugoslavia.
Convidado polo Clube deportivo da USC, Strikovic falará ás 19:30 horas sobre as ‘finais de torres’, posicións xadrecísticas últimas nas que a peza de máis valor que queda sobre o taboleiro é unha torre.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.02.2010.