Varios deportistas seleccionados para campionatos estatais de karate e judo
Catro deportistas do Club Deportivo da USC están convocados para o Campionato de España Junior de Judo que terá lugar en Cantabria o día 21 deste mes. Trátase de Ana María García Esmorís (-70 Kg), Lorena Barros Barreiro (+78 Kg), Daniel González Jorge (-73 Kg) e Álvaro Pedreira Escribano (-55 Kg).
Por outra banda, Samuel Jarque Abizanda resultou subcampión galego en Kumite -60 kg no campionato galego de karate senior celebrado esta fin de semana en Negreira. Deste xeito, é convocado á preselección para o Campionato de España Senior.