Bos resultados para os deportistas do Club da USC
Os deportistas da Universidade de Santiago acadaron uns moi bos resultados nas competicións que tiveron lugar esta pasada fin de semana en atletismo, karate e carreira de orientación.
Así, no X Campionato de España de Clubes de Campo a Través de veteranos celebrado en Ribadavia o atleta Manuel Vigo Otero acadou o segundo posto, mentres que o bronce foi para o equipo da USC formado por Manuel Bello, Javier Fernández, Santiago Estévez, Manuel Vigo, Julio Manuel Iglesias e Xosé Luis Otero.
KarateNa modalidade de kumite, Samuel Jarque Abizanda foi convocado pola Federación Galega de Karate para a concentración deportiva que terá lugar na Coruña este próximo fin de semana.
OrientaciónPor último, na primeira xornada da XIX Liga Galega de Orientación que tivo lugar en Arteixo a deportista Margarita Balboa acadou o primeiro posto en D-45; en INI curta acabou primeira Lucía Cadarso e segunda Paula Fernández; o terceiro posto en D-21 foi para Cristina Ouro e en D-35 para Rosa María Pernas. En D-elite Pilar Veiga foi primeira e Isabel Fraga segunda, mentres que en H-21 Miguel Ramos chegou en terceira posición.