Xerardo Fernández Albor recibe a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago
O ex presidente da Xunta de Galicia, Xerardo Fernández Albor, recibe este mércores 24 de mans do reitor Senén Barro a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago nun acto no que ademais se presenta un libro homenaxe á súa figura, coordinado polo profesor Marcelino Agís.
O acto, presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, celebrarase ás 19:30 no Salón Nobre de Fonseca.