Pasar al contenido principal

O profesor Francesc Imbernón reflexiona sobre a renovación pedagóxica

O profesor de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Barcelona e director da revista Guix, Francesc Imbernón, imparte o vindeiro luns 18 unha conferencia sobre ‘A renovación pedagóxica. De onte a hoxe: novo contexto, novas manifestacións”.
A sesión comezará ás 16:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación, e nela estarán presentes ademais o decano do centro, Lois Ferradás; a presidenta de Nova Escola Galega, Mª Dolores Candedo; e o profesor Antón Costa Rico.
Xunto a conferencia, a Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación tamén organizou unha mostra que fai un percorrido pola traxectoria da asociación Pedagóxica Nova Escola Galega, cando se cumpren 25 anos do seus nacemento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.01.2010.