Pasar al contenido principal

O director da Área TIC participa nun seminario que analiza a influencia das TIC na modernización das Universidades

O director da Área TIC da Universidade compostelá, Javier Franco, analizou este mércores en Madrid o papel das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións nos obxectivos xerais da institución académica compostelá e, máis concretamente, na súa contribución para a mellora e modernización.
Na intervención, incluída no programa do seminario ‘As TIC na modernización das universidades IV’, Franco referiuse á importancia da planificación estratéxica neste eido, particularmente aos Planos Estratéxicos que a USC desenvolveu neste senso e aos modelos de goberno en Tecnoloxías da Información. De xeito paralelo, presentou tamén algúns proxectos relevantes destes últimos anos na posta en valor das novas tecnoloxías en todos os ámbitos do quefacer universitario así como outros xa formulados a curto e medio prazo.
Javier Franco pechou a súa presentación cunha serie de reflexións xerais “de importancia básica para unha modernización eficiente das universidades mediante as TIC”. Trátase, engadiu o representante da USC, dun proceso que transcende os aspectos propiamente tecnolóxicos xa que afecta tamén aos recursos humanos, económicos, formación e soporte, recoñecemento na carreira, aspectos legais e organizativos, cooperación, transversalidade ou posición da TI na organización.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.01.2010.