Pasar al contenido principal

Comeza este luns o Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

Os máis de douscentos estudantes matriculados no Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas asistirán este luns 18 en Santiago e Lugo á inauguración e comezo das clases.
A inauguración e recepción de alumnos no Campus de Santiago terá lugar ás 16:00 horas na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) nun acto no que, presidido polo reitor Senén Barro, intervirán o decano do centro, Lois Ferradás, e o coordinador do título oficial, o profesor Xulio Rodríguez. O catedrático da Universidade da Coruña Xurxo Torres pronunciará a continuación unha conferencia tras a que terá lugar a proxección da película ‘La clase’.
En Compostela impártense nove grupos dos itinerarios de Matemáticas; Ciencias Sociais, Xeografía e Historia; Filosofía; Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá; Cultura e Linguas Clásicas; Música; Orientación Educativa; Ciencias Experimentais; e Linguas Estranxeiras.
Campus de LugoEn Lugo, a presentación do Máster será ás 16:30 horas no Salón de Actos da Escola Universitaria de Formación do Profesorado. Ao acto asisten o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o director da Escola Universitaria de Formación do Profesorado, Modesto Rodríguez; e o coordinador do máster no Campus de Lugo, Rufino González.
Neste campus impártense os itinerarios Sector Primario e Secundario (especialidade de Formación Profesional); Ciencias Experimentais e Linguas Estranxeiras.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.01.2010.