Xestión Socio-Educativa da Inmigración no Eido Local, tema dun curso de experto que comeza o venres
O reitor Juan Casares presidirá este venres 5 na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) a inauguración do curso de experto en Xestión Socio-Educativa da Inmigración no Eido Local. O acto comezará ás 16:30 horas na Sala Sarmiento do centro compostelán, coa presenza ademais do presidente da Fegamp, Carlos A. Fernández Castro; a profesora Mar Lorenzo; o decano da Facultade, Lois Ferradás; e a secretaria do Departamento de Teoría da Educación, Esther Olveira. Baixo a dirección de Mar Lorenzo e Miguel A. Santos Rego, o curso presentará as claves explicativas e interpretativas dos fluxos migratorios na actualidade, ofrecendo ao alumnado coñecementos, habilidades e ferramentas necesarias para a xestión da inmigración no eido local e tratando de mellorar as competencias de natureza intercultural na xestión local da inmigración. O programa desenvolverase mesturando as sesións expositivas cunha metodoloxía activa e participativa, empregando técnicas de aprendizaxe cooperativa e aprendizaxe baseada en problemas.