A USC redefine o seu modelo de comunicación en internet
O reitor presentará en rolda de prensa o redeseño do web institucional e a creación dunha canle de televisión e dunha rede social universitarias
O redeseño do web institucional da USC xunto coa posta en marcha da canle USC Televisión e da rede social casadatroia.es van impulsar un novo modelo de comunicación da institución académica en internet. O reitor Senén Barro presentará o conxunto de medidas este xoves 27 en rolda de prensa nun acto previsto para as 12:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
Con esta iniciativa trátase de converter internet na principal canle de comunicación da USC, ao tempo que mellorar a accesibilidade á información institucional así como satisfacer as novas demandas de comunicación e información da sociedade.