Pasar al contenido principal

Enxeñaría de Montes celebra este sábado o acto de graduación

A promoción 2008-2010 da titulación de Enxeñaría de Montes que se imparte no Campus de Lugo celebrará este sábado, 15 de maio, o seu acto de graduación a partir das 12:00 horas no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo.
O profesor Roque Rodríguez Soalleiro presidirá a cerimonia, que contará tamén coa participación da profesora Elvira Antonia Díaz e dun representante dos alumnos que fará unha presentación con fotografías e diapositivas, e do profesor da EPS, Javier Bueno, que entregará as orlas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.05.2010.