Pasar al contenido principal

Un seminario analiza en Dereito a mediación penal a partir de experiencias nacionais e europeas

O instituto de Criminoloxía da USC organiza este xoves 20 e o venres 21 un seminario no que se abordarán as particularidades da mediación penal tomando como referencia diversas experiencias nacionais e europeas. A inauguración será ás 17:00 horas e a continuación a vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, Margarita Uría Etxebarría, pronunciará a conferencia O Proxecto de mediación penal do CGPJ.
O seminario continuará cunha análise da situación nos Países Escandinavos, Bélxica e en Portugal. Na segunda xornada do encontro avaliaranse a experiencia en mediación penal da Audiencia Provincial de Alacante, así como experiencias de mediación penitenciaria entre o recluso e a vítima.
Representantes do Consello Xeral do Poder Xudicial, da Audiencia Provincial de Alacante, do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e do Ministerio de Xustiza achegarán as súas experiencias conxuntamente con docentes e investigadores das universidades de Tromsø (Noruega), Lovaina, Minho e da propia USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.05.2010.