Pasar al contenido principal

O reitor da USC inaugurará este mércores en Lugo o Edificio Museo e Casa do Coñecemento

O reitor da USC, Senén Barro, inaugurará este mércores 26 ás 12:00 horas o Edificio Museo e Casa do Coñecemento (E=mc2), un espazo cultural anexo ao inmoble da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo.
Este inmoble, que conta cun auditorio e unha sala de exposicións, sitúase sobre un importante xacemento arqueolóxico, que se está a musealizar in situ.
Ao acto inaugural asistirán tamén o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga; o director xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, José Manuel Rey; o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; o alcalde do Concello lugués, José López Orozco; e outros representantes da vida política, académica e social galega.
Trala inauguración das instalacións, abrirase de xeito oficial a mostra ‘Miradas’ do escultor Ramón Conde na Sala de Exposicións do edificio.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.05.2010.