Pasar al contenido principal

Doce poetas irlandeses presentan en Dublín as súas versións dos poemas de dez poetisas galegas

Na antoloxía trilingüe To the Winds Our Sails: Irish Writers Translate Galician Poets

Este mércores 26 de maio preséntase no Instituto Cervantes de Dublín a antoloxía To the Winds Our Sails: Irish Writers Translate Galician Poets (Salmon Publishing, 2010), coeditada pola profesora da USC Manuela Palacios e a escritora irlandesa Mary O'Donnell.
Nesta antoloxía trilingüe (galego-inglés-irlandés) doce poetas irlandeses presentan as súas versións de poemas das poetisas galegas Luz Pozo Garza, Mª do Carme Kruckenberg, Xohana Torres, Marilar Aleixandre, Luz Pichel, Chus Pato, Ana Romaní, María do Cebreiro, María Lado e Xiana Arias. Entre os poetas irlandeses figuran Nuala Ní Dhomhnaill, Maurice Harmon, Celia de Fréine e Máighréad Medbh.
A publicación enmárcase no cadro de actividades do equipo de investigación sobre escritoras actuais irlandesas e galegas financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e no que participan as tres universidades galegas e outras cinco de España, Irlanda e o Reino Unido. Tamén forman parte deste grupo as profesoras da USC Mª Xesús Nogueira e Laura Lojo, que colaboran na antoloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.05.2010.