Pasar al contenido principal

Profesionais do Dereito de toda España analizan en Pontedeume os cambios sociais e os novos modelos familiares

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2010

Profesionais do Dereito que desenvolven o seu traballo en diferentes organismos e institucións de Galicia, Navarra, Madrid, Andalucía e as Illas Canarias e Baleares debaterán sobre a perspectiva xurídica do papel da muller, os cambios sociais e os novos modelos familiares no curso que se impartirá os días 2 e 3 de setembro na Casa da Cultura de Pontedeume. A profesora titular de Dereito Civil da USC Ana Díaz Martínez dirixe este seminario no que se abordarán temas como a custodia compartida logo da separación ou o divorcio, as novas relacións conxugais, os aspectos patrimoniais das rupturas matrimoniais, a atención ás persoas maiores ou a violencia de xénero. Unha visita ao Parque Natural Fragas do Eume completa o programa desta actividade estival, que ten unha carga lectiva de dezaseis horas e conta co financiamento do Concello de Pontedeume.

Toda a información sobre o curso ‘Muller, cambios sociais e novos modelos familiares: unha perspectiva xurídica’ pódese consultar na páxina www.usc.es/cultura/uveran36_10.htm.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.07.2010.