Pasar al contenido principal

A USC forma parte da Rede Nacional de Campus de Excelencia Internacional

A iniciativa servirá para mellorar a calidade das institucións universitarias a través da promoción e a transición á sociedade do coñecemento
A iniciativa servirá para mellorar a calidade das institucións universitarias a través da promoción e a transición á sociedade do coñecemento
Acaba de crearse coa participación das primeiras nove universidades que acadaron a declaración concedida polo Ministerio

A Universidade de Santiago considera unha boa oportunidade de colaboración coas outras universidades implicadas a constitución da Rede Nacional de Campus de Excelencia Internacional (REDCEI). Os nove campus que en 2009 recibiron do Ministerio de Educación a mencionada declaración de excelencia acaban de constituír esta Rede deseñada para facilitar a proxección internacional das universidades e reforzar a eficacia das accións que desenvolvan de xeito conxunto. A iniciativa servirá para mellorar a calidade das institucións universitarias a través da promoción e a transición á sociedade do coñecemento, o que leva implícito abordar novos enfoques en materia de educación, investigación e colaboración co tecido social e empresarial. O nacemento desta Rede é “unha ocasión de fortalecer sinerxías e o punto de partida para establecer accións conxuntas que enriquezan a cada un dos Campus, outorgándolles unha maior proxección internacional”. Neste senso, o Ministerio de Educación traballará igualmente na creación dunha Rede similar de alcance europeo, coa participación de universidades que obtiveran un recoñecemento similar noutros países. Ademais das nova universidades que xa teñen acadado esta declaración de Excelencia en 2009, á Rede poderán incorporarase no futuro aquelas outras cuxos proxectos obteñan a mesma cualificación de Campus de Excelencia Internacional e Campus de Excelencia Internacional de ámbito Rexional (CEIR) e desexen facelo de forma voluntaria. Excelencia Internacional O programa Campus de Excelencia Internacional ten como misión central situar ás universidades españolas entre as mellores do mundo. Para elo, a convocatoria ministerial premia aquelas iniciativas máis innovadoras e competitivas que acheguen un maior valor engadido ás universidades españolas. Os proxectos que se presentaron a este programa debían ter como obxectivo de realización o ano 2015 deben superar a avaliación dunha comisión internacional integrada por expertos de recoñecido prestixio.

O reitor Juan Casares considera necesario realizar esforzos que axuden, dende a excelencia, a converter á Universidade compostelá nun referente internacional, tanto na docencia como na investigación, que rendabilizando a súas fortalezas nas ciencias e tecnoloxías da vida proxecta estratexicamente ao conxunto da Universidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.07.2010.