Pasar al contenido principal

A Real Filharmonía de Galicia ofrece en Lugo o seu quinto recital dentro do ciclo 'Formacións de cámara'

A Real Filharmonía de Galicia ofrece este mércores 5 ás 21:00 horas no Círculo das Artes de Lugo o quinto recital do ciclo ‘Formacións de Cámara’ que interpreta na cidade coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura da USC.
O cuarteto formado por Kiyoko Ohashi (violín), Victoria Jurov (violín), Natalia Madison (viola) e Ailsa Lewin (violonchelo) será o protagonista deste concerto no que interpretarán as pezas Cuarteto nº1 Kreutzer Sonata de Janácek e Cuarteto en re menor KV 421 de Mozart.
O ciclo ‘Formacións de cámara’, o primeiro que a Real Filharmonía de Galicia presenta en Lugo, rematará o vindeiro 9 de xuño coa actuación dun sexteto da orquestra.
Este ciclo permite aos asistentes gozar dun amplo repertorio camerístico da man dos solistas da orquestra con programas que inclúen pezas de compositores clásicos e contemporáneos. En total, escoitaranse en Lugo dezaoito obras musicais. Todos os concertos teñen entrada gratuíta.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.05.2010.