Pasar al contenido principal

A USC facilita o traballo docente e do alumnado con doce novas unidades didácticas

Co proxecto docente e editorial da USC Unidades Didácticas, materiais docentes de calidade, trátase de apoiar, baixo os criterios que marca o Espazo Europeo de Educación Superior, o traballo de profesores e alumnos no desenvolvemento de todas as materias e titulacións da universidade.
Doce novas Unidades Didácticas presentaranse en rolda de prensa este luns, 10 de maio, ás 11:00 h na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. No acto intervirán a vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo, e o director do Servizo de Normalización Lingüística, Manuel Núñez Singala. Asisten tamén o director académico e o director técnico do Servizo de Publicacións, Antonio Azaustre e Juan L. Blanco Valdés, respectivamente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.05.2010.