Pasar al contenido principal

Un traballo do catedrático Juan José Nieto recoñecido como un dos máis influíntes nos últimos meses en investigación básica no ámbito internacional

Juan José Nieto
Juan José Nieto

Un traballo do catedrático Juan José Nieto Roig, do Departamento de Análise Matemática da USC, acaba de ser recoñecido como un dos máis influíntes nos últimos meses en investigación básica no ámbito internacional.
O traballo, realizado en colaboración co profesor da Universidade Nacional de Irlanda, Donal O’Regan, combina algunhas ideas clásicas desenvolvidas polo profesor Peter Lax con novas técnicas sobre as que actualmente se traballa no grupo de investigación sobre ecuacións diferenciais da USC. O profesor Lax, que visitou a USC en 2007, recibiu o Premio Abel, equivalente ao Nobel no eido das matemáticas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.05.2010.