Pasar al contenido principal

Os Servizos de Xestión da Oferta e Programación Académica, Xestión Académica e a Oficina de Atención ás Reclamacións renovan o certificado de calidade

Os Servizos de Xestión da Oferta e Programación Académica, Xestión Académica e a Oficina de Atención ás Reclamacións acaban de renovar o certificado de rexistro de empresa correspondente ao Sistema de Xestión da Calidade segundo a norma UNE-EN ISO 9001:2008.
O equipo técnico de AENOR que realizou a auditoría non detectou disconformidades na xestión do sistema e prestación do servizo. De feito no informe evidénciase unha clara tendencia á mellora continua por parte da USC, aínda sendo conscientes de que nestes dous últimos anos a Universidade estivo inmersa en profundos cambios estruturais das ensinanzas, o que afectou á carga de traballo habitual que soportan os servizos auditados. Destácase tamén a flexibilidade demostrada por estes para o correcto funcionamento dos procesos.
A renovación dá conta do compromiso que a USC mantén coa mellora continua dos servizos prestados e o esforzo realizado para satisfacer as necesidades dos seus usuarios, sendo o obxectivo final consolidar unha posición privilexiada no contorno europeo como unha universidade de prestixio e referencia que incorpora a preocupación pola calidade en todas as súas actividades.
Recoñécese tamén o traballo dos profesionais dos distintos servizos, que debe ser “un aliciente para o resto da Universidade co fin de seguir sumando proxectos eficientes e eficaces”, indican os responsables de Calidade da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2010.