Pasar al contenido principal

Expertos de toda España debaten en Castro Riberas do Lea sobre agricultura ecolóxica

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2010

O manexo de sistemas agrícolas que respecten o medio ambiente centrará o curso que os días 27 e 28 de xullo se desenvolverá nas instalacións da Granxa Gayoso Castro en Castro Riberas do Lea baixo a dirección de Xan Neira Seijo, María do Carme Jaizme Vega e José Luís Porcuna Coto. Expertos en agricultura ecolóxica que desenvolven o seu traballo en diferentes institucións e organismos de Galicia, Valencia, Estremadura e as Illas Canarias serán os encargados de impartir un total de sete relatorios nos que abordarán diferentes aspectos a ter en conta á hora de buscar un incremento na produción agrícola dun terreo sen deteriorar os recursos naturais de xeito considerable. O programa do seminario complétase cunha visita guiada aos fitos históricos, etnográficos, paisaxísticos, sociais e culturais que conforman a singularidade da comarca da Terra Chá. Esta actividade ten unha duración de quince horas e conta coa colaboración do Concello de Castro de Rei, a Fundación Cetal, a Deputación Provincial de Lugo, a Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE), a Sociedade Galega de Agroecoloxía (SOGA), o Centro de Estudios Rurais e de Agricultura Internacional (CERAI) e o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Toda a información sobre o curso ‘Manexo de agroecosistemas sostibles’ atópase na páxina www.usc.es/cultura/uveran30_10.htm.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.07.2010.