Acto de graduación da IX edición do Posgrao de Protocolo e relacións institucionais
O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, preside este venres 16 o acto de graduación da IX edición do Curso de posgrao de Protocolo e relacións institucionais da USC. Na cerimonia, a celebrar ás 19:30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), intervirán ademais a decana da Facultade de Ciencias Políticas, Nieves Lagares; a directora externa da USC do curso, Esperanza Guede; os padriños da promoción, os profesores Ildefonso de la Campa e Rafael Vidal Gómez; o profesor Ignacio López Balboa; e o alumno Fernando Ares Otero.