Pasar al contenido principal

Analizan os accidentes de tráfico en perspectiva xurídica

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2010

A problemática xurídica derivada dos accidentes de circulación centrará o curso de verán que se vai desenvolver dende este mércores 8 e ata o próximo venres 10 no Salón de Actos do Colexio de Avogados de Lugo. A inauguración oficial celebrarase ás 16:30 horas o mércores. Con vinte horas lectivas, este curso permitirá aos asistentes afondar nas diferentes infraccións, sancións e procedementos administrativos en materia de tráfico, analizar as principais tipoloxías de accidentes e as novas estratexias para protexer a seguranza viaria, ou coñecer cómo se leva a cabo a reconstrución de sinistros de circulación mediante programas informáticos. Un grupo de profesionais composto por representantes dos Colexios de avogados e de procuradores de Lugo, altos cargos da administración, membros da Fiscalía Provincial e mandos das forzas e corpos de seguridade do Estado impartirá un total de dez relatorios sobre esta materia combinando a teoría cos supostos prácticos. Dirixido polo profesor Lotario Vilaboy, esta actividade estival conta co financiamento da Dirección Xeral de Xustiza e da Dirección Xeral de Administración Local da Consellaría de Presidencia, a Deputación Provincial, o Concello de Lugo, a Fundación Caixa Galicia, os Colexios de avogados e de procuradores de Lugo e a Fundación Mapfre.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.09.2010.