Pasar al contenido principal

Nova convocatoria do curso de perfeccionamento en economía pesqueira da USC

O Grupo de Economía Pesqueira e Recursos Naturais da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Curso de Perfeccionamento en Economía Pesqueira da Unión Europea, que se desenvolverá entre os meses de novembro e decembro de 2010 en horario de tarde os xoves e venres. Para o acceso ao curso, que dirixe Mª do Carme García Negro, non se precisa nin título universitario nin titulación académica específica aínda que está orientado fundamentalmente a profesións privadas e da Administración vinculadas ao sector da pesca e marisqueo. Para máis información poden poñerse en contacto con Xoana Pintos Barral, do Grupo de Economía Pesqueira e Recursos Naturais do Departamento de Economía Aplicada, no teléfono 981 59 44 88 ext. 11649 ou 40127 ou e-mail:xoana.pintos [at] usc.es (xoana[dot]pintos[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.09.2010.