O reitor Juan Casares recibiu ao seu homólogo ecuatoriano da Universidade Técnica Particular de Loja

Profundar en vías de colaboración que contribúan á formación de doutores foi un dos eixos do encontro entre o reitor Juan Casares e o seu homólogo da Universidade Técnica Particular de Loja (Ecuador), José Barbosa. Acompañados do profesor Francisco Campos, os dous reitores intercambiaron pareceres sobre as posibilidades que os actuais programas internacionais de cooperación ofrecen para a formación de persoal investigador e a colaboración na formación de doutores procedentes do país americano. No encontro puxéronse tamén de manifesto as actuais liñas de colaboración que ambas institucións manifestan, de xeito particular no ámbito das Ciencias da Comunicación e da Psicoloxía.