Pasar al contenido principal

Aberta a matrícula do curso de experto universitario en Cerimonial e Organización de Eventos

A Universidade de Santiago mantén aberto ata este xoves 23 o prazo de matrícula no Curso de Experto Universitario en Ceremonial e Organización de Eventos, que dirixe a profesora Esperanza Guede Teixeira. O obxectivo esencial do curso é ensinar ós alumnos a organizar todo tipo de acontecementos e aplicar as técnicas polas que se rexen, ofrecendo un amplo abano de coñecementos sobre temas protocolarios e de imaxe, comunicación e relacións sociais. Combinaranse sesións teóricas con prácticas tanto nas aulas como visitas a institucións representativas. Dirixido a todo persoa interesada tanto universitaria como non universitaria, o curso de 150 horas impartirase os venres pola tarde e nas mañás dos sábados. Para máis información, teléfonos 670.030.315 ou 617.494.245 e e-mails esperanza.guede [at] usc.es (esperanza[dot]guede[at]usc[dot]es) e masterprotocolo [at] usc.es (masterprotocolo[at]usc[dot]es). Outros cursos Xa no mes vindeiro comezan outros cursos relacionados coa mesma temática. O de especialización en Protocolo, do 15 de outubro ata o 25 de xuño de 2011, mantén aberta a preinscrición ata o 8 de outubro. Dirixido a diplomados, impartirase tamén nas tardes dos venres e mañás dos sábados. O mesmo horario ten o Master en Protocolo e Relacións Institucionais, de 500 horas e con data de finalización o 28 de xaneiro de 2012. A preinscrición establécese ata o 8 de outubro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.09.2010.