Presentación do I Congreso Internacional sobre Ensinanza da Historia
‘Pensar historicamente en tempos de globalización’ é o lema do I Congreso Internacional sobre Ensinanza da Historia que se desenvolverá na USC entre o 30 de xuño e o 2 de xullo coa participación dos principais expertos mundiais en didáctica da historia.
O congreso, organizado polo Departamento de Historia Contemporánea, presentarao este venres 25 o seu director, o profesor Ramón López Facal, nunha rolda de prensa a celebrar ás 10:30 horas na sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia.